¿Que é e como se usa un arquivo KML ?
Un arquivo KML é un arquivo que contén datos xeográficos. Mediante os arquivos KML pódense situar nun mapa distintos lugares que estean relacionados. Os arquivos KML foron desenvolvidos para ser manexados co programa Google Earth, pero tamén se poden utilizar coa aplicación de Google Maps. Para introducir un arquivo KML, siga estes pasos:
1. Descargue gratuitamente, instale e execute o programa Google Earth no seu ordenador.
2. Pulse en "Engadir", e logo en "Vínculo de rede..."
3. Aparecerá unha ventá de diálogo. Cambie o nome, por exemplo, "Goberno de España".

Pulse no botón "Examinar" e seleccione o arquivo KML que desexe. No exemplo usaremos o arquivo KML do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

5. Pulse "Abrir" e despois, "Aceptar". Automaticamente cargaranse as sedes no panel lateral de "Lugares".
6. Se pulsa en calquera das ligazóns, achegará o mapa cara a esa posición.
Pode utilizar máis funcionalidades do programa, como o trazado de rutas, cálculo de distancias, vistas en 3 dimensións, etc. Recomendámoslle que acceda aos contidos de axuda do programa para saber máis destas opcións.
Se necesita máis información sobre os arquivos KML ou Google Earth, pode consultar os seguintes enderezos:
Se o desexa, pode utilizar outras opcións de xeolocalización a través de Internet